Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida : xogos para a casa e espazos reducidos Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego - 1ª - Lugo : Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo , 2022 - 171 p. : il. cor ; 24 cm.

Agasallo da Deputación de Lugo e o Concello de Rianxo, co gallo da súa presentación en Rianxo o 17 de marzo de 2023.

Este libro é consecuencia da situación de confinamento que se viviu en Galiza na primavera de 2020 pola pandemia da covid-19. Daquela, o Observatorio do Patrimonio Lúdico Galego decidiu crear un sitio web (http://www.xogostradicionais.gal) co obxectivo de poñer a disposición de toda a poboación o riquísimo catálogo de xogos tradicionais galegos... e poder xogar na casa durante aqueles días. O proxecto orixinal xurdiu a partir da iniciativa de diferentes profesionais galegas da educación, que decidiron crear unha fonte de recursos educativos, baixo o dominio http://www.aulasgalegas.org, para que todos e todas seguísemos aprendendo naqueles días. Este proxecto paralelo perseguiu, xustamente, incorporar tamén os xogos tradicionais a ese catálogo de recursos.

5º-6º Primaria

9788481925883


Galicia
Xogos populares
Xoguetes
Reciclaxe
Manualidades

394.3 (460.11) 39 79 37

Coa tecnoloxía Koha