Santiago, Roberto

El penalti más largo del mundo / Roberto Santiago - [Madrid] :Ediciones El País ,2011 - 1 DVD (ca. 105 min.) :son., col ;12cm - Cine español .

Basado en el cuento de Osvaldo Soriano

Fernando é un perdedor. Un tipo gris, sen ambición, que traballa como reponedor nun supermercado do barrio. Nos seus anacos libres, é porteiro suplente dun equipo de fútbol de terceira rexional. En toda a tempada non xogou nin un só minuto. Pero o último domingo da liga o árbitro sinala penalti e o porteiro titular lesiónase.Fernando ten que ocupar a portaría por primeira vez. Se para o penalti, o equipo do barrio se proclamará campión e subirá de categoría. Se non, todo o esforzo dun ano non terá valido para nada. Cando o penalti está a punto de lanzarse, un grupo de siareiros indignados co árbitro invaden o campo e impiden que o partido remate. O comité de competición decide que o penalti debe lanzarse o seguinte domingo, na mesma portaría, cos mesmos xogadores e co campo pechado ao público. O penalti máis longo do mundo é xustamente a historia desa semana de espera. Sete días nos que Fernando se converte da noite á mañá nun heroe no barrio. E consegue moito máis do que nunca soñara: ser o centro de todas as miradas, que o inviten a comer, a beber... só ten que abrir a boca e os seus desexos fanse realidade.



842553600058400012


Cine


Comedia
Amor
Fútbol

791

Coa tecnoloxía Koha