Villalta, Luisa (1957-2004)

O outro lado da música, a poesía : relación entre ambas artes na historia da literatura galega / Luísa Villalta - [1ª ed., 1ª imp.] - Vigo : Galaxia , 2021 - 186 p. ; 22 cm. - Ensaio ; 111 .

Publicouse nos solpores dos anos noventa abeirado polo contexto da escrita poética e ensaística declaradamente musicais da súa autora, e cualificado no seu día como un convite a nos abismar “polos camiños da metáfora e das semifusas”, conscientes de que “poucos ensaios hai tan acertados sobre a música e a poesía” (Lino Braxe).

Neste douto e orixinal ensaio, que agora Editorial Galaxia reedita, lévase a cabo unha relectura da historia da poesía galega procurando nesta a presenza substantiva da música, dende a Idade Media ata as Irmandades da Fala e a época Nós, e que converte a obra nun exercicio fundamental para mellor comprender tanto a poesía galega de todo tempo como a propia escritura de Luísa Villalta.

9788491517504


Música e literatura
Poesía galega

78:82 82:78 821.134.4.09

Coa tecnoloxía Koha