Normal view MARC view ISBD view

Ser Cetáceo / Francisco X. Fernández Naval

by FernaÌndez Naval, Francisco X; Fernández Naval, Francisco X [Author].
Type: materialTypeLabelBookPublisher: A Coruña : Bululú , 2023 Edition: 1ª ed.Description: 457 p. : fot. b/n ; 24 cm.ISBN: 9788418667855.Subject(s): Cetáceos | Animais acuáticosOnline resources: Click here to access online Abstract: Ser cetáceo é unha sombra mergullada nas profundidades do mar, unha silueta que se converte tanto no mito que emerxe baixo a forma de Leviatán como nos mamíferos que, a diferenza de nós, se negaron a abandonar os océanos.
    average rating: 0.0 (0 votes)
Item type Current location Call number Copy number Status Date due Barcode Item data
Prestable IES María Sarmiento
Sala préstamo
57 FER ser Available LED026000037773

Esta é unha obra inclasificable, a recompensa dunha vida adicada ao estudo, as reflexións dun experto coñecedor do tema que consegue engancharnos e sorprendernos coa súa capacidade de relacionar todo o que nos define como humanos cuns seres tan especiais e próximos como son os cetáceos, que influíron e inflúen nas nosas existencias dun xeito que nin sequera podemos sospeitar.
Estes son os seres que serven de fío condutor nesta viaxe, os que nos levan dende os gravados nas pedras paleolíticas até a súa caza e explotación nun pasado recente.
Escrito en primeira persoa, fainos gozar dos seus anos de investigación, das viaxes, da historia (persoal, local e internacional), das empresas e da arte que se crearon ao redor dos cetáceos e guíanos por un percorrido polas principais culturas baleeiras, o seu comercio e industria, a súa cultura… demostrándonos a profunda pegada que deixaron en todos os pobos do planeta e, polo tanto, nas vidas de millóns de seres humanos.

Ser cetáceo é unha sombra mergullada nas profundidades do mar, unha silueta que se converte tanto no mito que emerxe baixo a forma de Leviatán como nos mamíferos que, a diferenza de nós, se negaron a abandonar os océanos.

Powered by Koha