Fun home : Unha familia traxicómica /Alison Bechdel
por Bechdel, Alison [autor/a]
; Alison Bechdel [autor/a]
.
Tipo: ![materialTypeLabel](/opac-tmpl/lib/famfamfam/BK.png)
Azul, máis de 14 anos
Unha familia traxicómica
Fun Home: Unha Familia Traxicómica (en inglés: Fun Home: A Family Tragicomic) é unha novela gráfica autobiográfica da debuxante estadounidense Alison Bechdel. Publicouse en 2006 e narra a súa infancia e xuventude na Pensilvania rural, centrándose na súa complexa relación co seu pai. A obra tamén trata temas como a orientación sexual, os roles de xénero, o suicidio, o abuso emocional, a vida disfuncional dunha familia e o papel da literatura na comprensión dun mesmo e da familia propia. Escribir e ilustrar Fun Home levoulle a Bechdel sete anos, principalmente por mor do seu laborioso proceso artístico, xa que se fotografou a ela mesma en diferentes posicións para cada unha das figuras humanas.[